Balance do aberto internacional Cidade de Pontevedra:
Na categoría absoluta masculina de -74kg Toni Agra disputou dous combates. No primeiro da liguña caeu contra o competidor portugués Alexandre Figueira de maior estatura, e no segundo combate mellorou moito a súa actuación ata que as forzas o acompañaron.
Na mesma categoría, Pedro Campos tamén disputou dous combates. No primeiro bateuse contra o competidor Jonatan González do Club de Taekwondo Benavente, e no segundo contra o subcampión de Europa Xunior Xian Silva mellorando e aprendendo contra competidores de nivel.
En -68Kg Roi Pazos disputou tres combates dos cales gañou os dous primeiros contra rivais de Valladolid e León por bastante diferenza e caeu en cuartos de final contra o gañador do torneo Ricardo Nobre do Grupo Uniao Lebrense.
En xeral boas sensacións, a pesar de non traer medallas para a casa. A adestrar máis e mellor. Noraboa a todos pola entrega e esforzo e a todos os que nos apoiades por estar aí axudando e animando.
Vémonos nos tapices!